INTERCENTROS EN PONTEVEDRA 4º EP
E por fin lle tocou o alumnado de 4º de EP asistir o seu intercentros, para iso viaxamos ata o Pavillón Municipal de Pontevedra, inda superando o retraso do transporte, para xuntarnos con 12 centros máis da contorna para vivir unha mañá de convivencia e deporte.
Todo isto foi posible grazas a nosa participación no XOGADE, a organización foi a cargo de ADESPONT, e coas colaboracións do alumnado e profesorado da Escola de Enfermería, alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS e alumnado e profesorado do Juan XXIII, o Clube de Judo Cidade de Pontevedra, o clube Rugby Pontevedra e a Escola de Baile Pontebaile co seu director, Adrián Esperón; tamén colaboraron o supermercado Froiz e Peñasanta. Moitas grazas a todos e todos.
Comentarios
Publicar un comentario