Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

INTERCENTROS EN PONTEVEDRA 4º EP

Imagen
 E por fin lle tocou o alumnado de 4º de EP asistir o seu intercentros, para iso viaxamos ata o Pavillón Municipal de Pontevedra, inda superando o retraso do transporte,  para xuntarnos con 12 centros máis da contorna para vivir unha mañá de convivencia e deporte. Todo isto foi posible grazas a nosa participación no XOGADE, a organización foi a cargo de ADESPONT, e coas colaboracións do alumnado e profesorado da Escola de Enfermería,  alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS e alumnado e profesorado do Juan XXIII, o Clube de Judo Cidade de Pontevedra, o clube Rugby Pontevedra e a Escola de Baile Pontebaile co seu director, Adrián Esperón; tamén colaboraron o supermercado Froiz e Peñasanta. Moitas grazas a todos e todos.

VISITA DE ADRIÁN ESPERÓN - PONTEBAILE

Imagen
 O alumnado de 4º de EP está preparando a Xornada de Intercentros en Pontevedra coa visita de máis deportistas, nesta ocasión tocóunos recibir a Adrián Esperón da Academia de Pontebaile, para ensinarnos unha coreografía de baile deportivo. Unha sesión con moito ritmo.

INTERCENTROS 1º EP AR - XEVE

Imagen
 Ao alumnado de 1º de Educación Primaria tocóulle estrenarse no Xogade a través dun intercentros co CEIP Xeve. Foi unha mañá chea de deporte, charlas, xogos e moita convivencia con outros rapaces e rapazas. Moitas grazas a todos.  

RUGBY TAG EN 4º DE EP

Imagen
 O alumnado de 4º de EP está preparando a Xornada de Intercentros en Pontevedra, recibindo a visita de deportistas e entrenadores das modalidades deportivas que ese día imos a practicar. Esta vez tocou recibir o Rugby Club Pontevedra que nos deu unha sesión de presentación desta modalidade deportiva. Moitas grazas!!

KINBALL EN 6º DE EP

Imagen
 O alumnado de 6º de EP probou un novo deporte, o Kinball, un xogo cooperativo no que temos que colaborar todo o equipo para poder xogar. Isto non sería posible sen a colaboración de ADESPONT, (Asociación Deportiva Escolar de Pontevedra), que non deixou o material necesario para levalo a cabo. Moitas grazas.