Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

ORIENTACIÓN CON 6º DE E.P.

Imagen
 O alumnado de 6º de EP tivo a derradeira actividade programada con ADESPONT e XOGADE no noso centro. Nesta ocasión viaxamos ata o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, nas instalacións que teñen en Mourente.  Alí realizaron unha actividade de orientación buscando balizas por toda a instalación. Despois de tanta carreira, tocou a merenda e finalmente... un baño na piscina da instalación. Moitas grazas a ADESPONT e XOGADE pola planificación, a GADIS e FROIZ polas augas e o Casino por deixarnos as instalacións. Bo verán!!  

CAMBIOS ESTE ANO NO NOSO PATIO

Imagen
 Como cada ano, queremos seguir mellorando o noso centro, por este motivo pretendemos que o patio sexa un lugar idóneo para mellorar a igualdade e a inclusión do noso alumnado. Propoñendo espazos, dinámicas e actividade nos que todo o alumnado poida participar, interactuar e atopar un lugar onde compartir tempo de xogo entre os seus iguais. Este ano estas foron as novidades:

XOGOS DE AUGA EN EDUCACIÓN FÍSICA

Imagen
Coa chegada do calor e acercándonos o fin de curso, nada mellor que dedicar as sesións de EF a realizar xogos de auga. Foi moi divertido.  

XOGOS TRADICIONAIS EN EDUCACIÓN FÍSICA

Imagen
 Polo mes de maio conmemoramos as Letras Galegas, dende EF queremos promocinar a nosa cultura a través dos seus xogos. Moitos deles esquecidos pola xuventude e soamente mantidos na memoria dos noso maiores. O igual ca nosa Lingua, os xogos forman parte da nosa cultura e é moi importante a súa transmisión.

II TORNEO DE CHAVE NO RECREO

Imagen
 Despois da gran aceptación desta actividade o ano pasado, este ano houbo que repetila e o éxito deste ano foi inda maior. Houbo gran cantidade de equipos anotados. Os recreos dos mércores convertéronse nuns momemtos de emoción e competición prositiva. Noraboa os participantes e as gañadoras.