Tocóulle o turno a 2º de EP de pasar a mañá xogando e disfrutando co alumado do CEIP Xeve. Unha xornada de convivencia e diversión. Moitas grazas a todos e todas.
Para rematar o curso e aproveitando o bo tempo, quixemos despedirnos das sesións de Educación Física, cos Xogos de Auga. Quedamos empapados de ledicia.
Os mércores, no tempo do recreo, realizamos o I Campionato de Chave. Pretendemos conseguir unha competición saudable, igualitaria e coeducativa; onde o máis importante e a participación, respectando os contrarios e os árbitros (que son os propios compañeiros). É importante que aprendan que o perder non é malo se houbo esforzo e que o gañar non é motivo para ridiculizar o contrario; e todo iso coa presión do público que anima cada lanzamento de cada xogador e xogadora.
Seguimos empeñados en facer melloras no noso patio, gracias a AMPA do centro e a dedicación e empeño do claustro, aparecen instalacións novas que permiten facer do noso patio un lugar máis divertido onde poder xogar atendendo a diversidade e a igualdade de oportunidades entre o noso alumnado.
Comentarios
Publicar un comentario