Todo o alumnado do centro e da escola de Curro celebramos o Magosto. Xa se sabe que o mellor para comer é facer sitio con algo de exercicio e actividade física. Aínda que o mal tempo non nos deixou facer todos os xogos pensados para o exterior, tivemos que reducilos e adaptalo os nosos espazos interiores. Aínda así, foi unha mañá estupenda. Moitas grazas a todos e todas! Preme en "LEER MÁS" para poder ver os vídeos Estes foron os xogos en E Primaria E estes en E Infantil
Estes últimos días, dentro das sesións de Educación Física, estivemos vivenciando xogos onde nos transformamos en persoas con algún tipo de discapacidade. Aprendemos dende a práctica. Moitas grazas a ADESPONT por deixarnos parte do material.
Dende Educación Física gústanos realizar as nosas sesións dentro dun contexto e cun significado. Por iso, estes días traballamos o traballo en equipo e a creatividade a través de xogos con temáticas do nadal. Que ben o pasamos!!. Boas festas e recordade que é importante moverse moito estas vacacións para baixar os doces.
Comentarios
Publicar un comentario