Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN FÍSICA

Imagen
 Esta semana pasada a prensa foi a protagonista nas nosas sesións de Educación Física. Buscamos noticias, comprobamos as súas partes, pero sobre todo, xogamos coas follas dos xornais. Que ben descubrir como cun elemento tan sinxelo puidemos desfrutar tanto.

INTERCENTROS EN PONTEVEDRA 3º EP

Imagen
  O alumnado de 3º de EP do noso cole viaxou ata o Pavillón Municipal de Pontevedra para xuntarse con 12 centros máis da contorna para vivir unha mañá de convivencia e deporte. Todo isto foi posible grazas a nosa participación no XOGADE, a organización foi a cargo de ADESPONT, e coas colaboracións do alumnado e profesorado da Escola de Enfermería,  alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS e alumnado e profesorado do Juan XXIII, a escola hungaresa de esgrima de Pontevedra, o clube de loita olímpica de Pontevedra e tamén colaboraron o supermercado Froiz e Peñasanta. Moitas grazas a todos e todos.

SESIÓN DE LOITA EN EF

Imagen
 O alumnado de 3º de EP está preparando o seu Intercentros, e para iso, recibimos no noso centro os entrenadores de Loita Olímpica de Pontevedra, que a través de xogos de iniciación e despois con técnicas específicas do deporte, practicamos este deporte tan pouco coñecido. Moitas grazas!!

INTERCENTROS EN PONTEVEDRA 5º DE EP

Imagen
  O alumnado de 5º de EP do noso cole viaxou ata o Pavillón Municipal de Pontevedra para xuntarse con 12 centros máis da contorna para vivir unha mañá de convivencia, deporte e concienciación polo deporte inclusivo e coas persoas con discapacidade. Todo isto foi posible grazas a nosa participación no XOGADE, a organización foi a cargo de ADESPONT, e coas colaboracións de Irene, mestra da ONCE, alumnado e profesorado da Escola de Enfermería, integrantes de AMIZADE, AMENCER, ENKI, alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS e alumnado e profesorado do Juan XXIII e tamén colaboraron o supermercado Froiz e Peñasanta. Moitas grazas a todos e todos.

XOGOS DE ENTROIDO

Imagen
 Durante o tempo de entroido, dende Educación Física, gústanos mostrar a gran cultura que existe na nosa terra nestas datas. Nós facémolo a través de xogos onde o alumnado vivencia días tan importantes como o Domingo Fareleiro, Domingo Oleiro e Domingo Corredoiro. Aprender xogando é como mellor se aprenden as cousas, agora toca esperar ata o ano que ven para volver a celebralo.