Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

INTERCENTROS EN PONTEVEDRA 6º EP

Imagen
 O alumnado de 6º de EP do noso cole viaxou ata o Pavillón Municipal de Pontevedra para xuntarse con 12 centros máis da contorna para vivir unha mañá de convivencia, deporte e concienciación polo deporte inclusivo e coas persoas con discapacidade. Todo isto foi posible grazas a nosa participación no XOGADE, a organización foi a cargo de ADESPONT, e coas colaboracións do equipo en cadeira de rodas BASKETMI que veu dende Ferrol; Irene, mestra da ONCE, alumnado e profesorado da Escola de Enfermería, integrantes de AMIZADE, AMENCER, ENKI, alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS e alumnado e profesorado do Juan XXIII e tamén colaboraron o supermercado Froiz e Peñasanta. Moitas grazas a todos e todos.  

BAILE URBANO EN EF 5º EP

Imagen
 O alumando de 5º de EP dentro de poucos días, van ter unha Xornada de Intercentros en Pontevedra xunto con moitos centros. Antes diso, nas sesións de EF recibiremos as visitas de profesionais das modalidades deportivas que alí imos realizar. Unha delas é Nana, a nosa monitora de bailes urbanos, nunha hora o alumnado aprendeu una baile enteiro. Que ben o pasamos!!