Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

VISITA AO CLUBE DE TENIS DA CAEIRA

 O alumnado de 5º de EP disfrutou dunha mañá soleada no Clube de Tenis da Caeira en Poio. Xunto con outro cole aprendemos e xogamos a este deporte nunhas instalacións fantásticas e gracias a entrenadores profesionais do clube. Moitas grazas a todos!!!!! 

VISITA PONTEVEDRA RUGBY CLUB

 O alumnado de 4º de EP, está preparando a Xornada Deportiva que vai ter en Pontevedra nuns días. Hoxe visitóunos o Pontevedra Rugby Club para practicar a modalidade de rugby tag. Unha experiencia estupenda. Moitas grazas a todos e todas!!!! 

INTERCENTROS DE 1º EN XEVE

 O alumnado de 1º de EP visitou o CEIP de Xeve para xogar xuntos toda a mañá a diversas actividades. Tratáronnos estupendamente e pasamos un día diferente e divertido. Moitas grazas!!!!!

VISITA DE ADRIÁN ESPERÓN DA ACADEMIA PONTEBAILE

 O alumnado de 4º de EP, está preparando a Xornada Deportiva que vai ter en Pontevedra nuns días recibindo visitas de diferentes clubes deportivos. Moitas grazas a todos e todas!!!! 

XORNADA DEPORTIVA 3ºEP - 11.3.25

 O alumnado de 3º de ep disfrutou dunha mañá deportiva xunto con 12 centros máis da zona no Pavillón Municipal de Pontevedra. Isto foi posible gracias a: XOGADE, Concello de Pontevedra, Froiz, Gadis, Escola de Enfermería de Pontevedra, Escola Hungaresa de Esgrima, Escola de Loita Olímpica Ciudad de Pontevedra, Federación Galega de Loita, alumnado y profesorado TSEAS, Asociación Juan XXIII. Moitas grazas a todos!!!!!!   

MOCHILAS SAUDABLES

 Unha nova actividade nace no noso centro: AS MOCHILAS SAUDABLES VIAXEIRAS. Unha mochila por curso, chea de xogos e libros que estará unha semana en cada casa; o único que tendes que facer e disfrutar delas.

INTERCENTROS 6º EP XEVE-AMOR RUIBAL

 O alumnado de 6º de EP disfrutou dunha mañá de convivencia e deporte co alumnado do centro de Xeve, practicando deportes alternativos como o colpbol, tchoukball e voleibol. Pasámolo xenial!!!!

SESIÓN DE LOITA 3º EP

 Antes da gran Xornada Deportiva que vai ter 3º de EP en Pontevedra, recibimos a visita do adestrador do Clube de Loita Olímpica Cidade de Pontevedra, que nos vai preparar para coñecer este deporte de cara a Xornada Deportiva. Pasámolo xenial.

XOGOS DE ENTROIDO

 Durante as sesións de Educación Física, previas o entroido, estivemos coñecendo a cultura galega a través das diferentes formas que hai de celebrar estas festas na nosa comunidade autónoma. Iso sí, a través do xogo e dunhas adaptacións. Que viva o Entroido!!!

XORNADA DEPORTIVA DE 5º DE EP

 O pasado 12 de febreiro o alumnado de 5º de EP disfrutou xunto con outros de 12 centros máis, dunha mañá chea de diversión practicando actividade física no Pavillón Municipal de Pontevedra.  Esta xornada foi posible grazas a: Gadis, Froiz, Concello de Pontevedra, Alumnado TSEAS, Escola de Enfermería de Pontevedra, Clube Anfiv, Juan XXIII, Fita Novás, Asociación ENKI, Amizade, AMENCER co programa Rodando e por suposto, XOGADE e a Xunta de Galicia.