Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2024

CONMEMORACIÓN 3 DE DECEMBRO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro celébrase o Día das persoas con discapacidade. Dende as sesións de Educación Física, quixemos conmemorar esta data vivenciando parte das sensacións coa que conviven este tipo de persoas e coñecendo modalidades deportivas específicas para persoas con discapacidade como o Goalball.

PROBAS DAFIS

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP estivo realizando diferentes probas físicas a través da Plataforma Dafis, despois recibirán os resultados.

INTERCENTROS AMOR RUIBAL - CEIP XEVE (4º DE EP)

 O alumnado de 4º de Educación Primaria disfrutou dunha mañá de convivencia e deporte xunto o alumnado do CEIP de Xeve. Foi unha mañá fantástica chea de novos amigos e diversión a través do deporte.

COREOGRAFÍA DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Todo o alumnado do centro conmemoramos con varias actividades o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Unha destas actividades foi unha coreografía incluída dentro do Programa Móvete+.