INTERCENTROS EN PONTEVEDRA 6º EP
O alumnado de 6º de EP do noso cole viaxou ata o Pavillón Municipal de Pontevedra para xuntarse con 12 centros máis da contorna para vivir unha mañá de convivencia, deporte e concienciación polo deporte inclusivo e coas persoas con discapacidade. Todo isto foi posible grazas a nosa participación no XOGADE, a organización foi a cargo de ADESPONT, e coas colaboracións do equipo en cadeira de rodas BASKETMI que veu dende Ferrol; Irene, mestra da ONCE, alumnado e profesorado da Escola de Enfermería, integrantes de AMIZADE, AMENCER, ENKI, alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS e alumnado e profesorado do Juan XXIII e tamén colaboraron o supermercado Froiz e Peñasanta. Moitas grazas a todos e todos.